1280 almas.
Varias son as lecturas deste verán, e todas son interesantes, ou agradables. Menos unha. Esta obra é unha novela descarnada que mostra un tipo tan valeiro de moral que da a impresión de que é unha historia totalmente verídica. É unha recomendación moi necesaria. Foi Jo Nesbo o primeiro autor que escoitei falar de Jim Thompson . Nunha entrevista solicitan do escritor noruegués que recomende algunha lectura no eido da novela negra, e con grande exposición indica que actualmente a novela negra tende a ter un fío claramente dirixido. Os argumentos actuais, en xeral, parten dunha situación na que temos un acontecemento negativo feito por un ser oscuro e un, ou varios protagonistas, indagan e buscan as claves necesarias. Incluso él mesmo fai esta sinopse das suas obras de Harry Hole, non tanto así de outras obras de este prolífico escritor, como "El Reino". Contiuna coa exposición das obras de Jim Thompson, sin nombrar ningunha, só recomenda a sua obra en xeral. Afirma qu