Arredor de sí - A voz herdada

Cando as anguria s máis importantes e as penas máis dolorosas tiñan que ver principalmente co meu aspecto, a roupa, o peiteado, os grans na cara.



Cando os cartos semanais liscaban en forma de tebeos, lps-de vinilo ¡of course!, filmes en salas mal insonorizadas,en revistas con mulleres que mostraban as suas vergonzas con descaro, e cando a maior das responsabilidades tiñan que ver ca nota dun exame mal preparado, lembro dunha lectura que me fixo pensar, e tamén voltar a vista atrás, cara un pasado algo oculto, con moitas dúbidas acerca da miña orixe e o meu destino.


Este libro ten por título Arredor de sí. O seu autor Otero Pedraio un dos pais da literatura galega. Dende aquela a miña língua tamén é a galega.


Verán do 2010:
Acudín a Viñetas coa disposición de disfrutar como cada verán do festival, das exposicións, charlas, mercar novedades, ofertas, ver, sobre todo ver.
Alí poiden mercar unha preciosidade dibuxada por David Rubín, que tiña como agasallo o comic Uxio Novoneyra: A voz herdada, escrito por Kike Benlloch.
Pareceume que ambas obras teñen en común moitas cousas, a descripción dunha viaxe que só ten un fin, atopar a nosa esencia sen sair do noso corpo. É unha mágoa que seña tan complicado conseguir esta fabulosa obra, debería ser de lectura obrigada para moitas persoas.
¡Qué mellor viaxe que atopar a un mesmo!

Comentarios

Además