Inferno

Foi Karl Marx ao inferno e o demo non sabía como desfacerse del. Non facía máis que organizarlle folgas nas caldeiras. Entón acudiu onda San Pedro e díxolle: "Tráioche aquí este vello venerábel, de barbas brancas, que me mandaron a mín confundido". San Pedro creuno e acelptou. Por volta dunha semana, o demo non tiña noticias do que sucedía no ceo. Levado pola curiosidade, achegouse de novo onda San Pedro e preguntoulle:"Qué tal co vello de barbas brancas que che mandei?" "Ben", respondeulle San Pedro. "E Deus que pensa?", volveu preguntar o demo, aínda máis intrigado. Entón San Pedro púxose serio e díxolle: "Deus non existe, camarada".
Esta é a definición de Inferno según Manuel Veiga:
Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico. Editorial Xerais. 2012.

Se tenden grandes ganas de rir, votadelle unha ollada, sen falta!!!

Comentarios

Además