Ardalén


Dende o derradeiro mes de novembro veño atopando en mín novas sensacións....bueno non se pode decir que señan novas..
Veredes, cando eu tiña oito anos dous días na semana mercaba tebeos nun quiosco que se atopaba na rua falperra, casí diante do Cine España.
  De cor verde oscuro, a sua madeira parecía traída dos barcos que empregou Colón par ir ate América. Era un lugar máxico, podías mercar chicles cheiw(de fresa , hummmmm!), sobrecitos de muñequitos, os de vaqueiros eran os meus preferidos, e tamén podíamos mercar revistas de historietas.
Ningúen lle chamaba así, decíamos tebeos.
Da miña rua só eu os mercaba, bueno, meu paí me daba cartos para ir a buscalos, como xa dixén, dous días a semana, non lembro cales, é o que ten a memoria, que nos trae lembranzas, pero de xeito espallado, as veces, acuden xuntas, pero polo xeral, as imaxes do noso recordo veñen pouco a pouco.
Como lle acontece á Fidel, protagonista da obra que ven de publicar Miguelanxo Prado.
Moitas horas pasaba eu mirando qué tebeo me compraría, a dona do quiosco era un ceo i as veces me deixaba ler varias páxinas de todos eles, ou eso penso que facía, ó mellor non acontecía semellante cousa...non sei...eu mercaba sobre todo Zipi Zape, Mortadelos, e dos de aventuras, tamén algún de superheróes, da editorial Novaro, pero estes non me gustaban tanto xa que non remataban has loitas, había que esperar a semana seguinte e...a paciencia non era unha das miñas virtudes de novo..agora é unha das características do meu traballo...mira tí.
Faí unhas semanas ía eu a entrar en Alita Comics e sentín, de novo, esa sensación de que me esperaba algo moi intenso dentro da tenda, só tiña que escoller e levar para a casa un feixe de debuxos e letras.
Escollín duas obras, de unha de elas xa os faleí antes, Cartas de Inverno de Antonio Seijas, a outra é Ardalén.
Primeiro lín Ardalén, e despoís Cartas de Inverno, entre medias outras moitas cousas, pero, non me quero despistar, imos a falar un pouco de esta obra, para mín mestra da bd galega i europea.
Digo galega primeiro xa que é nesa língua a edición que merco, i por ese motivo convirtese nunha nova, editasé unha obra de Miguelanxo en galego i castelan ó mesmo tempo.
Ogalla que non sexa un feito illado e se converta nun costume para desgracia de gobernos de extrema dereita...ui que se me vaí o maxín a outra cousa...
A edición de El Patito Editorial é moi coidada, tapa dura, tamaño medio, con marcador de follas, a calidade da impresión é excelente e mantén as cores que nos relfexan unha paisaxe rural galega no seu explendor, nunca vira tantos tonos de verde nunha obra.
Definese como novela gráfica, i o argumento é de novela, son 256 páxinas de sentimentos, emocións, olladas, movementos corporaís, xestos,  linguaxe verbal, e non verbal que nos lembra o noso temor ó paso do tempo, o medo a soledade.
A mestura de esta realidade e máis a ficción do máxico que hai en todos nós, en todas as accións que cometemos, no disfrute da vida e na procura da felicidade como evasión da realidade oscura, todo iso é o que eu atopo nesta obra dun dos grandes de esta arte.
En Ardalén podemos atopar algunhas das viñetas maís logradas de este máxico autor, o seu grafismo é impresionante,  podes atopar xestos na faciana dos protagonistas que falan contigo, falan a cotío, o ritmo da narración non é trepidante, pero tampouco e lento, é o ritmo que pide a obra....esas baleas voando por riba de Fidel e de Sabela...eu nunca vín voar baleas, pero moitas veces vexo o vello quiosco...i me gustaría tanto ir a mercar tebeos con meu pai...
Gracias Miguelanxo, moitas grazas!

Comentarios

Además