domingo, 9 de diciembre de 2012

Cartas de Inverno

Para falar de esta obra teño que mirar cara o verán pasado. Foi nese tempo de lecer cando por primeira vez lín a obra de Agustín Fernández Paz "Cartas de Inverno", merqueí unha edición actual na libreria Sementeira de Muros.
Foi unha lectura voraz, coa idea de que estaba a ler unha das historias máis importantes da literatura galega actual, a edición tiña unha portada na que se mostraba un edificio colonial rodeado dunha paisaxe rural.
Pareceume unha portada moi angustiosa, a casa invita ó desacougo, os tons do ceo son unha porta a outro mundo, dende a casa saen uns símbolos en branco coma de outro mundo e as ramas das árbores cercanas son brazos que ululan.
Gostoume moito a portada. Mirei no interior na procura do seu autor: Antonio Seijas.
Rapidamente busquei na internet información acerca da sua obra, e curiosamente na web de culturagalega saía unha nova acerca da adaptación que Antonio Seijas ía facer de esta obra.
Outra nova interesante. Cada vez a banda deseñada galega está a mostrar historias variadas, e o xénero do terror non é moi frecuente nas publicacións das editoriais galegas.
A historia de Agustín Fernández Paz describe, en xénero epistolar, tres historias que teñen como fío unificador a estadía dun pintor galego, Adrían, nunha vella casa de estilo colonial. O seu amigo Xavier, escritor, recebe, despóis de unha longa estadia no extranxeiro, as cartas enviadas por Adrián. Unha sucesión de extraños acontecimientos farán que a sua vida se encha de misterio.
120 páxinas que se leen en unha tarde e unha maña. Paso a lectura á miña familia. A opinión é unánime, Que boa historia!, a todos nos gusta, e incluso mercamos máis obras de Agustín Fernández Paz, autor que pasa a ser referente nas nosas conversas con familiares e amigos, cando comentamos obras importantes.


 Pasado o verán, voltamos a normalidade i entón comezo a coñecer máis polo miúdo a obra de Antonio Seijas. Este autor publicou unha banda deseñada que levou por título" Un hombre Feliz", publicada por Edicions De Ponent na sua colección Crepúsculo no ano 2007. Esta obra foi a gañadora do II Certame de Cómic Castelao i está prologada por Miguelanxo Prado.
Un hombre feliz describe a historia melancólica e triste de dous personaxes na procura da felicidade. O uso da cor é moi importante no desenrolo da obra, pasando a ser algo máis que o acompañamento as personaxes.
Unha parella atopánse nunha libreria e a partir de ese intre comezan unha relación que rematará dun xeito insospeitado.
Disfrutar do tempo que vivimos é algo máis que unha ilusión ou un desexo, podería ser unha obriga.


O venres 31 de novembro fun a miña tenda de bd e adquirín, Cartas de Inverno. A presentación da obra e impresionante para o nivel da BD galega, de xeito que atopamos unha obra en tapa dura, papel satinado de excelente calidade, prelo do autor e máis de Agustín Fernández Paz, e xa comeza a adaptación, en formato novela gráfica. Son 98 páxinas de acción sen fin, sen cambios argumentais destacables a historia se desenvolve dun xeito moi dinámico, por exemplo, na páxina 39 Adrián é despertado polo ruído que provoca un teléfono, en nove cadriños Antonio Seijas mostra o desacougo que este feito provoca no protagonista dun xeito maxistral. Outro feito que me parece xenial é a modificación de rexistro gráfico cando mostra o que acontece no libro de grabados.
Novamente o emprego que fai o autor da cor e da luz é un elemento fundamental na obra e na sua explicación dos feitos que acontecen na histora de cartas de inverno.
Non podo menos que recomendar esta obra a todos aqueles que estean a ler esta entrada no meu blogue, considero que estamos ante unha das obras que dentro duns anos serán consideradas como clasicos da BD galega, e unha das principais obras do xénero de terror.
Ide a vosa libreria e mercade, merece moito a pena.


Wilson

He conocido a personas con dificultades en sus habilidades sociales. Y también diamantes en bruto con personalidades llenas de vitalidad. U...