ALLEOS

Alleos é unha obra distinta.
Escrita e debuxada por Idoia de Luxan.
75 páxinas a color que mostran como un grupo de homes e mulleres sen traballo nen futuro deciden recuperar unha aldea mostrando outros modos de vivir lonxe do consumismo da cidade.
O estilo gráfico de Idoia e tremendamente fresco, que no meu entender, axuda a mostrar os valores que parecen xa esquecidos: cooperación, axuda, respeto, igualdade, coa axuda dun manexo sinxelo o argumento vaise mostrando nos rostros, nas paisaxes, rurais e urbanas.

"Non soporto por maís tempo tanta frivolidade, cinismo, crueldade...ABSURDO..non podo" pensa un home na cidade nun futuro moi presente na nosa sociedade.

Alleos é unha banda deseñada que no deixa indiferente.
A metáfora do consumismo como unha illa de soidade para o home penetra na miña cabeza ó rematar de ler unha excelente banda deseñada feita en Galiza, en galego pero con mentalidade universal.

Mágoa que non acadara o apoio suficiente para materializarse nun proxecto de Crowdfunding.
Fan falla moitas obras como Alleos.

Espero que algún editor teña a intelixencia suficiente para que Alleos estea nas librerias moi pronto.



Comentarios

Además