lunes, 29 de agosto de 2016

O anxo negro

O roubo dunha virxe nun mosteiro esquecido dunha cativa aldea na Costa da Morte é o motivo polo que os veciños de esta aldea deciden solicitar a axuda dun capitan retirado da mariña mercante, afecionado á historia da zona.
A investigación que Nicolás Bren maís Andrade, veciño da aldea e propietario do bar Drake, comenzan os levarán a atopar maís segredos do que eles se pensan. Veránse sumerxidos nunha marea de acontecementos que os levan a epócas antergas, cheas de misterio e fermosura. Son anos de inicio dunha nova era, finais do século XX.

Este sinxelo argumento é o inicio dunha das novelas más interesantes das que poiden ler neste verán do ano 2016. Cunha narrativa áxil e sinxela, sin atrancos nin complicados párrafos, é doado caer nos seus argumentos e diálogos.

Esta é a primeira novela de Manuel Gago, autor que xa coñecía pola sua relación coa banda deseñada, pois foi guionista ou incitador dunha obra de Manel Cráneo, A torre dos mouros, se queres saber maís, no blogue de Manuel Gago, atoparas maís info.

Nos atopamos ante unha novela que mostra distintas historias, que como ríos afluintes enchen o relato principal, a procura.


Encadrar esta historia nun dos xéneros da novela é moi complicado, xa que poderíamos decir que é unha novela de aventuras, con pingas de narración histórica, se ben podemos atopar a medida que imos adentrando na lectura dosis de cultura popular dos nosos devanceiros, lances amorosos, persecucións en alta mar, inicios dos contrabandos na costa galega, roubos de imaxineria popular; estes ingredientes fan unha mestura de difícil clasificación.

A imaxinación do autor é impresionante, mostra unha Galicia Máxica dende os alicerces dunha realidade casi esquecida e chea de inventos modernos. Espazos e monumentos que conviven e permanecen calados, sen mostrar os seus tesouros. Moitas veces ó rematar un capítulo xudiu en mín a intención de rebuscar información das historias a miña parroquia. 

Outro dos elementos que destacan nesta obra é a creación de personaxes. É todo un mapa de seres que camiñan por Galicia adiante: maduros mariñeiros, sen espacio na terra, mulleres temperamentais e dispostas, sacerdotes avariciosos, fillos na diáspora, curandeiras que sosteñen o peso das tradicions ancestrais, etc. Como vedes unha novela coral de difícil artellamento.

Atopome ante a obra máis destacada da ficción galega nos derradeiros anos, creo que estamos ante un logro cultural moi salientable feita por un destacado autor. Publicada pola editorial Xerais, son 496 páxinas de literatura actual evocadora de feitos históricos.

Disfrutade coma min. Parada Obrigada.

 






No hay comentarios: